Monday 20 de May de 2024

Riveira eleva en 58 as prazas habilitadas nos obradoiros de conciliación de Nadal ata alcanzar os 210 participantes


Nos talleres Nadal Concilia, Nadal Xogo e Artes Plásticas

O Concello de Riveira informa de que ante gran demanda rexistrada este ano para participar nos distintos obradoiros organizados dentro da programación de Nadal Cultural, dende a Concellería de Cultura se habilitaron 58 prazas a maiores das dispostas inicialmente co fin de contribuír na medida do posible á conciliación da vida familiar e laboral nestas festas.

Concretamente, no obradoiro Nadal Concilia incrementáronse 41 prazas ata alcanzar as 101; en Nadal Xogo aumentáronse en 10 máis (5 en Aguiño e 5 en Corrubedo) ata chegar ás 70 (35 en cada unha destas parroquias), en tanto que en Infornadal se subiron 7 ata 19 (no obradoiro de Iniciación ás Artes Plásticas non foi posible ampliar as prazas -20- polos propios condicionantes da operatividade de taller).

Logo disto, o número de razas totais elévanse ata as 210, con rapaces con idades de entre 3 e 15 anos que comezarán as actividades o luns 22 de decembro.

Listaxe de admitidos
A listaxe de persoas inscritas nos distintos admitidos pódese descargar na páxina web do Concello (www.riveira.es).

Nas accións en que si segue a haber prazas dispoñibles son en Pekenadal (para nenos de 0 a 2 anos, con xornadas os días 26 de decembro e 2 de xaneiro ata un máximo de 30 participantes / información no Centro Cultural Lustres Rivas) e Imos Cantar aos Reis (para nenos de 2 anos en diante e xornadas os días 20 e 24 de decembro ata un límite de 40 asistentes / Información na Asociación de Empresarios de Riveira).